
A Axencia
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística é un instrumento organizativo de colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e dos concellos, para mellorar a calidade da ordenación urbanística e poñela ao servizo de todos os cidadáns.
O solo - o territorio- é un recurso natural escaso, non renovable e extraordinariamente valioso que dá soporte físico á vida, aos asentamentos de poboación, aos centros de producción de bens e servizos e a todas as actividades humanas.
Todos os cidadáns, sexan ou non propietarios do solo, teñen dereito a un medio urbano e natural adecuado para o desenvolvemento da persoa. Por esta razón, cómpre:
- Utilizar os recursos naturais -aire,auga e solo- con racionalidade, con intelixencia e con prudencia.
- Mellorar a cohesión social e a calidade de vida dos cidadáns, favorecendo a promoción de vivendas asequibles en entornos amables e dotados de infraestructuras, equipamentos e espazos públicos suficientes e adecuados.
- Protexer e poñer en valor o patrimonio natural e cultural e a riqueza paisaxística dos espazos naturais e do litoral, que constitúen elementos esenciais da identidade de Galicia.
A Axencia está adscrita organicamente á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio