
Funcións da APLU
A Axencia ten atribuídas as seguintes funcións:
- A inspección e vixilancia urbanística.
- A acción de reposición da legalidade urbanística nos seguintes supostos:
- Por actos de edificación e uso (obras antes) realizadas sen o título habilitante esixible en terreos cualificados como zonas verdes, espazos libres públicos, viarios ou na zona de protección establecida no artigo 92.1 da LSG dotacións ou equipamentos públicos.
- Por obras e usos realizadas en solo rústico en calquera das súas categorías sen o preceptivo plan especial, sen autorización autonómica o sen axustarse ás condicións da autorización outorgada.
- Por obras e usos prohibidos en solo rústico.
- O exercicio da potestade sancionadora:
- Por infraccións urbanísticas moi graves.
- Por infraccións urbanísticas graves cometidas en solo rústico sen o preceptivo título habilitante ou sen a autorización autonómica cando esta sexa exixible ou incumprindo as súas condicións.
- O exercicio das potestades delegadas polos concellos integrados na Axencia.
- A impugnación de licencias urbanísticas ou orde de execución contrarias ao ordenamento urbanístico.
- O exercicio da potestade sancionadora e de reposición da legalidade por actuacións contrarias á Lei de Costas, realizadas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.
- O asesoramento ás Administracións públicas integradas na Axencia.
E en xeral, calquera outra competencia que en materia de disciplina urbanística lle corresponda exercer á Comunidade Autónoma.
Os órganos directivos da APLU son:
- O consello executivo, órgano colexiado de dirección e control da Axencia, formado por o presidente, catro vogais en representación dos concellos incorporados á Axencia e catro vogais en representación da comunidade autónoma.
- O director, órgano executivo da Axencia.
Consello executivo
Presidente: María Encarnación Rivas Díaz
Vicepresidente: Luis Rubido Ramonde
Vogais:
- Julio Ignacio Iglesias Redondo
- Jorge Cubela López
- Antonio Pérez Villar
- Ricardo BabioArcay
- Antonio Maroño Cal
- Rosario Puente Vázquez
- Antonio José Boné Pina
Secretario: José María Domínguez Blanco
Director: José Antonio Cerdeira Pérez
A composición, funcións, réxime de funcionamento do Consello Executivo, así como o nomeamento do/da director/a e as funcións que lle corresponden, regúlanse polo previsto nas sección II e III do capítulo III dos Estatutos da Axencia.