


Para facer calquera cousa, tes que pedir un permiso
A maioría das actuacións que realices na túa parcela ou edificación requiren dun título administrativo (licenza, comunicación previa, autorizacón autonómica...)
Antes de facer calquera cousa, infórmate no teu concello.

Urbano no catastro vs. rústico no PXOM
O catastro é un rexistro administrativo de finalidade tributaria que non clasifica o solo.
Para coñecer a clasificación do solo débese consultar o planeamento municipal e a lexislación urbanística e de ordenación do territorio.
Podes consultar o planeamento no seguinte enlace http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/

¿Tes terreos na zona de servidume de protección do dominio público marítimo?
Se os teus terreos se atopan na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, antes de realizar calquera actuación, diríxete ao Servizo de Urbanismo da túa provincia, alí informarante dos usos permitidos